Indiegogo is committed to accessibility. If you have difficulty using our site, please contact support@indiegogo.com for assistance or view our accessibility notice by clicking here

This campaign is closed

Currican film

Curricán é un retrato da vida rural dun pobo da costa galega. Os ollos de Xan Curricán guíannos polas diferentes estampas da vila nunha calurosa tarde de verán.

Closed
Closed
Closed
Closed
Closed

Currican film

Currican film

Currican film

Currican film

Currican film

Curricán é un retrato da vida rural dun pobo da costa galega. Os ollos de Xan Curricán guíannos polas diferentes estampas da vila nunha calurosa tarde de verán.

Curricán é un retrato da vida rural dun pobo da costa galega. Os ollos de Xan Curricán guíannos polas diferentes estampas da vila nunha calurosa tarde de verán.

Curricán é un retrato da vida rural dun pobo da costa galega. Os ollos de Xan Curricán guíannos polas diferentes estampas da vila nunha calurosa tarde de verán.

Curricán é un retrato da vida rural dun pobo da costa galega. Os ollos de Xan Curricán guíannos polas diferentes estampas da vila nunha calurosa tarde de verán.

Xan Curricán
Xan Curricán
Xan Curricán
Xan Curricán
1 Campaign |
Vilanova de Arousa, Spain
$5,925 USD $5,925 USD 74 backers
104% of $5,690 Flexible Goal Flexible Goal

Presentación

Curricán é unha curtametraxe escrita e dirixida por Álvaro Gago Díaz, xove cineasta galego que roda por primeira vez na terra que lle veu medrar. Celso Bugallo, galardoado cun Goya por Mar Adentro, acompañará ao equipo de Curricán nunha aventura que dará comezo a principios de Septembro.


Sinopse

O estío chega ao seu fin. En Vilanova de Arousa, unha vila mariñeira da costa oeste galega, Andrés e os seus dous netos, Tomé e Xan Curricán, saen a pescar unha última vez para despedi-lo verán. O sol pega forte e as miñocas retorcense en busca da sombra.

Xan sostén a súa canica da sorte contra o ceo, reflectindo destellos de luz na súa faciana. Entretanto, Tomé continúa a lanzar o chumbo lonxe da popa do barco. De regreso ao porto, a piques de caer o sol, Andrés comanda unha proa que nunca se cansa de surcar as ondas do Atlántico. Os ollos de Tomé e Xan brilan coa pesca das últimas cabalas do día ao curricán.


Declaración do director

"Non sabemos onde nos levará a vida, pero si sabemos de ónde procedemos, quénes son os nosos e cál é a terra que nos deu a orixe. E si temos esto claro, levamos moito andado na vida".

Tan pronto coma escoitei esas verbas pensei: ¡Cánta razón! Eu quero saber, quero coñecer, quero estudar quenes son os meus e cales son as miñas raíces. So así saberei camiñar hacia diante. Un ollar ao pasado, unha reflexión sobre a memoria co único obxetivo de recuperala e traela ao epicentro do interés persoal e global. Así nace Curricán, como consecuencia dunha das moitas conversas de sobremesa cos meus, na miña casa. Normalmente as historias que un pode contar están ahí, á vista, preto de nos. Son historias sinxelas, que posiblemente teramos escoitado centos de veces, pero que de repente se volven extraordinarias. Historias cunha superficie sinxela pero dotadas dun corazón difícil de desbrozar. Protagonizadas por persoaxes aparentemente ordinarios baixo os que subxacen vidas cheas de paixóns e entusiasmo.

¿Cales son os nosos comportamentos? ¿Cómo nos relacionamos entre nos? ¿Cal é a nosa forma de entendela vida? Curricán pretende re-interpretar tales cuestións dunha maneira simple, despretenciosa e ascética.

Xan Curricán é un personaxe que se presta ao estudio e que ademáis me da pé a explorar un collage costumbrista: a vila de Vilanova de Arousa. A película indaga no drama ao mesmo tempo que se enriquece da realidade da vila e os seus personaxes, ambientes e cores, sen esperar nada a cambio. Curricán tamén fantasea. Os galegos estamos presentes nas dúas caras da moeda. Unha vez comprendido o pasado, é fundamental tirar hacia diante e tomar algo de tempo para soñar cun futuro mellor.

En verao en Vilanova de Arousa, e Xan Curricán guíanos coa súa mirada polas rúas dunha vila chea de grandes cuadros e interminables epifanías.


Equipo Artístico

Iago Ferreiro - Xan Curricán

Curricán ten 9 anos, o pequeno da familia. A día de hoxe aínda se que lle segue proporcionando o privilexio de seguir sendo un meniño. É un neno moi querido na familia e na vila. O amor é mutuo. Algúns dos rapaces da vila sinten ciumes de él e da protección que todo o mundo lle ofrece. Curricán é un soñador, un neno cunha imaxinación desbordante e un amante das historias, das aventuras e das canicas. É un neno delgado, áxil, co pelo castaño, unha sonrisa grande que herda da súa avoa e uns ollos que brilan a cada paso.

Celso Bugallo - Andrés

Aos 17 anos Andrés múdase a Vilanova de Arousa e empeza a traballar para a conserveira da zona. Cada mañán cedo vai á lonxa a comprar xardiña e xouba. Por eso na vila é coñecido polo alcume de Andrés “Peixe”. Aos 17 anos xa deixaba ver o home que logo sería: carácter forte, poucas verbas e unha apariencia física imponente (a cara chea de arrugas, a pel seca, as mans artríticas e uns ollos doces). Respectado na vila por ser un home que traballa duro, que bota unha man si fai falta e que coida dos seus. O seu hábitat natural é o mar.

Javier Fernández - Tomé

Tomé e o irmán maior de Curricán, 13 anos. A franxa de idade que os separa é curta, pero suficiente para que Tomé teña medrado dunha maneira completamente diferente á do seu irmán. Mentras Curricán soña, Tomé vai a traballar co seu avó ou pasa o día xogando na rúa cos outros nenos da vila.

Tomé é un neno destinado a continuar coa tradición popular. A súa vida sempre estará na vila. Traballará nalgúna conserveira da zona, casará cunha muller de Vilanova e terán fillos. Non porque non poida facer outra cousa, senón porque esa é a vida  que lle gusta e o fai feliz. Recorda moito ao seu avó Andrés.


Para que necesitamos o diñeiro?

Un proxecto cinematográfico como Curricán necesita moito tempo, traballo e por desgracia, diñeiro. Partimos dun presuposto inicial de 5.000 euros, todo o que temos, pero aínda que a cantidade non desmerece, non é suficiente para sacar a diante este proxecto coa mellor factura posible.

É por iso polo que creamos esta campaña para pedi-la vosa colaboración. En total necesitaríamos 5.000 euros mais, figura obtida tras facer un promenorizado estudio orzamentario, que se destinarían a completar os costes de producción, postproducción de video, postproducción de son e promoción do filme. Os 5.000 euros virían a completar o orzamento mínimo co que faríamos realidade este proxecto.


A dónde vai o diñeiro?

Cada céntimo (salvo a porcentaxe coa que se queda a plataforma de Indiegogo) sumarase directamente ao orzamento da película.


Unha aportación que non é en balde

Esta non 

é unha campaña unidireccional. Se así o seleccionas, a túa contribución verase recompensada en función da cantidade que aportes. O mundo Curricán ten moito que ofrecer a cambio da túa axuda. Ademáis de axudar a sacar adiante un proxecto cinematográfico e cultural como é Curricán, poderías disfrutar ¡dunha tarde de pesca no barco da rodaxe!


Non estou en España, podo contribuír ao proxecto de toda maneiras?

Si, podes contribuír dende calquera punto do planeta.


“Desde Galicia para el mundo”

Curricán é un proxecto en galego pero é unha historia que a pode entender e sentir todo o mundo. A película subtitularase non só ao castelán, senón tamén ao ingles, francés e italiano.


Trala Cámara

Alvaro Gago: Director e Guionista

https://vimeo.com/user3844893

Alberto Gago: Productor

Alberto Gago nace en Vilanova de Arousa el 26 de Julio de 1956.  Doctor en Ciencias Económicas por la Universidad de Santiago de Compostela, se estrena como productor en Curricán.

José Gago: Productor e Director de casting

José Gago nace en Vilanova de Arousa en 1954. Estudia Arquitectura Técnica en la Escuela Universitaria de Arquitectura de A Coruña y luego realiza un Master en Asesoría Financiera y Gestión de Patrimonios. Para José, Curricán también supone a sua ópera prima.

Angel Martínez: Xefe de Producción

Ángel Martinez Pino, natural del ayuntamiento de ponteareas, cursa los estudios de tecnico superior de produccion audiovisual en el instituto audiovisual de Vigo, donde descubrio su pasión por este mundo. Durante sus estudios ejerce de jefe de produccion en varios proyectos asi como de script, ayudante de direccion, operador de camara y montador. Una vez finalizados sus estudios, trabaja profesionalmente como auxiliar de producción en los largometrajes: "Los Fenomenos" y "El peregrino", así como en el documental "El medico atento" y en el spot "Escandalosamente buena" de Estrella Galicia.

Rafael Medina: Dirección de Fotografía

http://theotherself.com/index.html

 / 

https://vimeo.com/user7480071

Ana Gallego: Dirección de Arte

Ana Gallego nace en Vigo el 19 de Mayo de 1986. Estudia la especialidad de Diseño y Fabricación dentro de la licenciatura de Ingeniería Industrial (Universidad de Vigo). Su curiosidad por la creación y diseño de espacios al servicio de una narrativa le lleva a participar en numerosos proyectos audiovisuales como Ayudante de Arte y DIseñadora Gráfica.

Laura Gago: Vestiario

Laura Gago nace en Vilagarcía de Arousa en 1983. Estudia Traducción e Interpretación en la Universidad de Salamanca y realiza un MA en Traducción Audiovisual en la Universidad Autnónoma de Barcelona. La pasión por la costura le viene de familia; su madre Pili es un máquina con los bolillos.

Marta Quilleri: Maquillaxe e Diseño de Imaxehttp://martaquilleri.crevado.com/

Marta Quilleri nace en Brescia (Italia) en 1987. Estudia unha licenciatura en "Performance Design and Practice" pola Central Saint Martins de Londres e se especializa en maquillaxe, perruquería e protésicos na Escola de Maquillaxe de Londres.

Miguel Gago: 1º Axudante de Dirección

Miguel Gago nace en Vilagarcía de Arousa no ano 1988. Estudia Comunicación Audiovisual na UAB, dónde tamén fai un MA en guión. Actualmente está cursando unha maestría en Dirección na escola de cine Bande a'part de Barcelona.

Nico Casal: Compositor - www.nicocasal.com

Nico nace en 1985 en Santiago. Estudia música dende pequeno, obtendo o Grado Superior de Música LOGSE Especialidade Piano (Conversatorio de Música de Vigo) no ano 2009. Actualmente estudia un MA en Composición para Cine na City University of London. Podedes escoitar a maioría dos seus traballos na súa páxina web.

Miguel Barbosa: Postproducción de Son

Miguel Barbosa nace e A Coruña no ano 1983. Vaise pronto para o Reino Unido, dónde traballa becado no departamento de postproducción de sonido da ESPN Classic UK. En 2006 regresa a España e complementa a súa formación na Universidade de Vigo. Dende o ano 2009 traballa como Foley Artist e Diseñador Sonoro nos estudios Cinemar. Entre outra películas, Miguel realizou a postproducción de son de Arrugas, O Apóstolo, Celda 211, 18 comidas, Auga Fría de Mar ou Mulleres da Raia.

Diana Gonçalves: Distribución

http://mulleresdaraia.blogspot.com.es/

Diana Gonçalves é unha directora de cine documental española, portuguesa e brasileira. En verbas da propia Diana: "La convivencia entre varias culturas me ha hecho ser así. Desde niña me han hablado en diferentes lenguas. A veces no entendía. Las aprendí y hoy hablo 4 idiomas. Ahora entiendo mejor el mundo".

Joao Salaviza: Consultor Creativo

http://www.imdb.com/name/nm0757651/


Calquera dubida...


Facebook: https://www.facebook.com/CurricanFilm?fref=ts

Twitter: https://twitter.com/CurricanFilm

Correo: curricanfilm@gmail.com

Looking for more information? Check the project FAQ
Need more information
Let us know if you think this campaign contains prohibited content.

Choose your Perk

O berberecho

Currency Conversion $11 USD
€10 EUR
A nosa inmensa gratitude + crédito de agradecemento na nosa páxina web.
Estimated Shipping
September 2013
8 claimed

A ameixa

Currency Conversion $28 USD
€25 EUR
Estrea online (enlace de visionado con contraseña tan pronto como a película estea lista) + acceso a banda sonorá do filme.
Estimated Shipping
November 2013
19 claimed

O Mexilón

Currency Conversion $57 USD
€50 EUR
Todo o anterior + o traballo de arte dixitalizado (poster e debuxos) + o guión en PDF + fotografía "tra-la cámara".
Estimated Shipping
November 2013
13 claimed

A vieira (delicatesen nativa)

Currency Conversion $114 USD
€100 EUR
Todo o anterior + unha invitación á estrea do filme en Galicia ou en Londres.
Estimated Shipping
November 2013
15 out of 50 of claimed

O buei (un prato especial)

Currency Conversion $285 USD
€250 EUR
Todo o anterior + crédito de agradecemento na nosa páxina de IMDB
Estimated Shipping
November 2013
5 out of 20 of claimed

O centolo (o prato estrela)

Currency Conversion $569 USD
€500 EUR
Todo o anterior + un crédito como productor asociado do filme.
Estimated Shipping
November 2013
0 out of 10 of claimed

O percebe (O rei)

Currency Conversion $1,138 USD
€1,000 EUR
(1) + (2) + (3) + (4) + (5) + (6) + crédito como productor executivo do filme + tarde de pesca na Ría de Arousa no barco da rodaxe.
Estimated Shipping
November 2013
0 out of 5 of claimed
Tags for this project
Up Caret