Xan Curricán
Vilanova de Arousa, Spain
Curricán é un retrato da vida rural dun pobo da costa galega. Os ollos de Xan Curricán guíannos polas diferentes estampas da vila nunha calurosa tarde de verán.
Curricán é o pequeno da familia. Con 9 anos, aínda se lle segue proporcionando o privilexio de seguir sendo un meniño. Curricán é un soñador, un neno cunha imaxinación desbordante e un amante das historias, das aventuras e das canicas. Gústalle moito observar, presta moita atención aos pequenos detalles e non conversa demasiado debido a súa timidez. Cando lle da por falar, faino dereito e coas mellores verbas para calquera a quén se dirixa. É un neno moi querido na familia e na vila.